Algunhas das partículas que se crean nunha colisión se desintegran instantaneamente noutras. Nestes casos, para coñecer a natureza da partícula orixinal, hai que identificar as partículas resultantes da desintegración.
O exemplo máis común son os quarks, que segundo o Modelo Estandar non existen ailladamente. Polo contrario o quark sempre producirá un jet de partículas, usualmente dez ou máis. Normalmente os quarks creados nunha colisión son fáciles de identificar polos jets que se rexistran no detector.
Algunhas veces nos primeiros instantes, o quark emite un gluón (radiación de gluóns). Tal gluón ó igual que os quarks formará un jet de partículas.
Os leptóns tau tamén se desintegranrán antes de poder ser vistos no detector. A partícula tau desintégrase nunha ou tres partículas cargadas ademáis dun certo número de neutras. Se se crean varias partículas neutras, da desintegración resulta un minijet que ten menos partículas que os jets. Frecuentemente na desintegración das partículas tau créanse varios neutrinos o que fai que a enerxía detectada sexa menor que a da colisión.