WIRED é un entorno de laboratorio virtual e interactivo para colisións de partículas. Con WIRED poderá estudiar colisións reais rexistradas no detector DELPHI do CERN.

A colisión aparece como unha imaxe tridimensional que se pode ampliar e rotar coa axuda do rato. Pódese tamén seleccionar distintos subdetectores para mostralos xunto coa imaxe da colisión.

As páxinas da sección "Axuda de WIRED" explican o funcionamento das distintas partes de WIRED. En "Identificación de partículas" explícase o proceso de identificación das diferentes partículas coa axuda de WIRED. Na sección "Tipos de colisións" hai unha animación interactiva que mostra o aspecto que teñen as colisións no detector DELPHI.

WIRED execútase desde a sección "Biblioteca de colisións" do capítulo "Colisións de partículas" onde se poden seleccionan diversas colisións para analizaren. Recoméndase traballar con WIRED despois de ler as páxinas de axuda.