Questions and answers: accelerators
- ¿Que é un colisionador?
Un colisionador é un acelerador de partículas no que estas fanse chocan entre si.
- ¿Que se fai para acelerar unha partícula e que siga unha traxectoria curva?
Para acelerar unha partículas utilízanse os campos eléctricos. Para curvar as traxectorias
utilízanse os campos magnéticos.
- ¿Como se aceleran as partículas? (de principio a fin).
Os electróns libéranse dun fío metálico. Parte deles fanse chocar cun albo de metal pesado para
crear positróns. Os positróns e parte dos electróns iniciais son acelerados nunha serie
de aceleradores e finalmente fanse chocar.
- ¿Que diferenzas e semellanzas hai entre os aceleradores LEP e LHC?
Salvo que ambos son colisionadores, o único parecido é que os LHC contruiráse no mesmo túnel que LEP
e polo tanto van ter o mesmo tamaño. As dúas grandes diferencias son que LHC acelerará protóns
en vez de electróns e positróns, e que as partículas en LHC acadarán unha enerxía moi superior
á do LEP (14 TeV comparado con 0.2 TeV).
- ¿Por que en LEP non se aceleran neutrons?
O neutron non posúe carga eléctrica o que fai imposible a súa aceleración mediante campos electromagnéticos. Incluso se fora posible acelerar neutrons, LEP non proporcionaría
a enerxía suficiente para acelerar os neutróns a velocidades interesantes, xa que son demasiado pesados.