Preguntas e respostas: detectores
- ¿Cales son os dous tipos de detectores de trazas e cal é a diferencia entre eles?
Son os semiconductores e as cámaras de fios. Na cámara de fios as partículas se detectan cando
chocan cos átomos do gas. As colisións arrancan os electróns dos átomos.
Os electróns libres van ao ánodo (+) e os ións ao cátodo (-).
Nun detector semiconductor as partículas chocan cos átomos do material semiconductor creando
pares electrón-oco que se detectan nos electrodos.
- ¿Por que os detectores de trazas se sitúan por dentro dos calorímetros?
Porque os calorímetros destruen as partículas orixinais creando unha chuvieira de partículas
secundarias, da que é imposible inferir a traxectoria da partícula orixinal.
- ¿Que mide un calorímetro?
Os calorímetros miden a enerxía das partículas.
- ¿Por que os detectores de muóns se sitúan no exterior do detector?
Porque os muóns son as únicas partículas (xunto cos neutrinos) que poden atravesar todo
o detector.
- ¿Como se sabe que se producen neutrinos se non se detectan?
Pódese inferir que se crearon neutrinos se a enerxía e o momento antes e despois da colisión
son distintos.