Preguntas e respostas: o Modelo Estándar


  1. ¿En que dous grupos fundamentais se clasifican as partículas elementais?
    Partículas de materia e portadores de forza.
  2. Nomear tres leptóns e tres quarks.
    Leptóns: electrón, neutrino electrón, muón, neutrino muón, tau, neutrino tau.
    Quarks: up, down, charm, strange, top, bottom.
  3. ¿Que quarks forman os protóns e os neutróns?
    Quarks up e down
  4. ¿Que é unha antipartícula?
    O positrón é un exemplo de antipartícula. É a antipartícula do electrón, polo que ten a carga eléctrica oposta. As antipartículas das partículas neutras distinguense polos números cuánticos internos.
  5. ¿Que é un hadrón?
    Un hadrón é unha partícula composta por quarks. O protón e o neutron son exemplos de hadróns.
  6. ¿Que tres tipos de portadores de forza hai no Modelo Estandar e a que forzas se refiren?
    O fotón é o mediador da forza electromagnética, a forza que manten o electrón en órbita ó redor do átomo. Os bosóns vectoriais median a forza feble, que é a que fai posible as distintas transformacións entre partículas. Os gluóns son os responsables da forza forte, que mantén os quarks xuntos formando hadróns.
  7. Como chegaron os científicos á conclusión de que debería existir a partícula Higgs?
    O Modelo Estandar tense que modificar pois considera erroneamente tódalas partículas sen masa. A extensión matemática suxerida polo profesor Higgs fixo posible explicar a masa das partículas pero tamén predecía a existencia de outra partícula, o Higgs.