Os hadróns estan formados por combinacións de quarks e antiquarks. Os quarks mantéñense xuntos grazas á interacción forte mediada por gluóns. A pesar de que os quarks teñen carga eléctrica fraccionaria (unha fracción da carga do electrón), os hadróns poseen un número enteiro de carga.
Os barións están constituidos por tres quarks. Neutróns e protóns pertencen a este grupo de partículas pesadas. Eles a súa vez forman os núcleos atómicos da materia. Os quarks que consituen a materia no universo pertencen á primeira familia.
O protón consiste en dous quarks up e un quark down (uud). O neutrón consiste nun quark up e dous down (udd).
Moitas outras combinacións tamén aparecen na Natureza (p.ex. uuu e ddd constituen as partículas ++ e - respectivamente). Combinacións de tres quarks da segunda e terceira familia tamén forman outros barións, pero todos de vida curta como as partículas (estas partículas máis pesadas denominanse colectivamente hyperóns).
Os mesóns son partículas medianamente pesadas formadas por un quark e un antiquark. Dous exemplos: o meson pi positivo (u, anti-d) e o negativo meson K- (s, anti-u). Coa mesma composición de quarks que os mesóns pero en estados excitados deles existen outras partículas de vida moi curta e masa superior.
Recomendamos utilizar a parte interactiva da animación "The Fireworks of Particles" ("Play with elementary particles!") para construir os hadróns a partir dos quarks.